Blogia
Andresadas

O clube Bilderberg... Os amos do mundo

O clube Bilderberg... Os amos do mundo Por que non temos información dun clube que existe e ten as rendas do destino do mundo e polo tanto das nosas vidas? Algo se oe, algún comentario. algún titular... pero ninguén ofrece información que nos clarifique... quen son? que queren? en definitiva, que é o clube bilderberg? Parece ser que algúns programas de Telecinco, coma TNT e Pecado Orixinal (agora fóra de antena), ofreceron algo de información, pero deixáronnos coa mel nos beizos. En maio deste ano, o Clube celebrou a súa reunión anual, e ningúen nos dixo nada... Tan só sabemos minucias, pero detalles que nos afectaron directamente. Tralo réxime franquista... quen influíu en que saira elexido Don Juan Carlos I coma rei? E que grupo se reuniu no balneario da Toxa no ano 1989? En efecto, esto forma parte das investigacións de TNT... Incluso se especula que grandes sucesos que conmocionaron ó mundo teñen a súa orixe no clube, coma o asasinato de Kennedy, o 11-S e tamén o 11-M...
Quen son os integrantes deste grupo? Pois grandes empresarios de Estados Unidos e Europa, de multinacionais coma Coca-Cola, FranceTelecom, e tamén xefes de estado e numerosos ministros. Pode ser certo que Felipe González fose mestre de ceremonias, e que tamén participasen Esperanza Aguirre e Trinidad Jiménez... Este tema continuarase debatindo...

Algunhas webs de interese, onde teñades noticias...

Magdabandera, A noticia segundo TNT, A noticia segundo Pecado Orixinal

1 comentario

miguel -

Sobre o clube este hai abonda información en indymedias, accesible con calquera buscador, ou en nodo50. Entre os seus membros está a nosa raiña grega. As súas reunións son segredas e nelas se toman "consellos" que influen na vida de toda a humanidade. Por iso, ás veces, hai quen fala dun poder mundial e de que o capital non ten patria.